REDES SOCIAIS

Xestiono as redes sociais do teu proxecto personal, marca, evento, festival ou o que faga falta. Combinando a miña experiencia en fotografía, vídeo e deseño gráfico, estou aquí para darlle vida ás túas redes con contido auténtico e creativo que reflicta a esencia do teu servizo ou produto. Planifico estratexias eficaces para que a túa comunidade sempre estea a tope contigo!

VÍDEO

Os vídeos contan moito máis que unha historia.

Creo vídeos que conectan e inspiran. Encárgome de todo o proceso: guión, dirección, gravación e edición pero a parte que máis me gusta do proceso é poder darlle ese toque especial que fai que non queiras parar de velo.

DESEÑO

Desde proxectos de deseño de imaxe corporativa ata cartelería, pasando por maquetación de documentos e folletos ata grafismos e animacións. Nada de cousas que pasen desapercibidos! Crearei (contigo da man) ese algo que lle dá personalidade á túa marca.

FOTO

Imaxes que falen, que griten por si mesmas.

Non me gusta conformarme cunha foto correcta, senón que busco encadres que sorprendan, detalles diferentes e, obviamente, en todas as miñas fotografías, as cores son importantísimas e xogan un papel fundamental.